17 agosto, 2008

RECORTE DE PRENSA
PINTORES DO MAR: Ernesto Goday
X. A. Pillado Silvoso

A creatividade artística non se basea só nunhas cualidades innatas da persoa, senón que tamén precisa dun ambiente, dun entorno no que floreza e se potencie. O entorno no que floreceu e que condicionou a pintura de Ernesto Goday foi o mar, as súas cores e formas, as súas xentes, os seus traballos, as súas casas...

Ernesto Goday Caamaño (O Grove, 1914 - Madrid, 2001), bisneto do Goday que instalou, no século XIX, a primeira industria de salgazón en Punta Moreiras, e que se criou no mariñeiro barrio de Lordelo, levaba o salitre nas súas veas, pero tamén o xenio artístico dalgúns dos seus devanceiros cataláns. De neno xa amosaba as súas inquedanzas artísticas debuxando películas nunhas tiras de papel, despois pasábaas por unha pantalla aberta nunha caixa e cobráballe aos nenos que asistían a estas sesións un botón.

Co seu parente don Paco Otero Goday aprendeu os secretos das técnicas da talla na madeira e da pintura, que despois foi perfeccionando de forma autodidacta. No ano 1948 comeza coas súas estadías en Madrid, onde acode ás clases do Círculo de Belas Artes e da Academia de San Fernando, e viaxa e pinta por Catalunya, Andalucía, Valencia e Estremadura.

Pero o mar sempre tira, e a un do Grove máis. Aquí pinta mulleres mariscando, atando redes, mariñeiros traballando, barcos, o peirao, paisaxes marítimas, currunchos dos barrios mariñeiros de Peralto, Lordelo, Rons, A Cruz... Mar e máis mar que, gravado na súa retina e nos seus cadernos de apuntes, sérvelle para seguir plasmando, en plena estepa castelá, as súas vivencias grovenses. Pero non é só o mar do Grove o que aparece nos seus cadros. Cambados, Combarro, Vigo, Cangas, Muros, Noia, Camariñas reciben a súa visita, que queda rexistrada en innumerábeis bocetos, debuxos e cadros.

O retrato tamén foi unha das súas facetas máis destacadas. A parte daqueles feitos de encarga por distintas persoas, Ernesto Goday gustaba de facer, por iniciativa propia, retratos de mariñeiros, para os que usaba como modelos a distintos veciños. Manoliño, Josafá, Cocherito, Lura... son personaxes populares do Grove que quedaron inmortalizados nos seus cadros. Tamén fixo algunhas incursións no mundo da talla, pero case reducidas ao ámbito familiar, no que aínda se conserva unha figura feminina que ía ser o mascarón de proa encargado por un industrial conserveiro para un finalmente non nato iate.

A primeira exposición individual que fai no ano 1947 non pode ter mellor marco, a cidade portuguesa de Porto, tan vencellada ás descobertas, ás conquistas ultramarinas, ao comercio e á pesca, e na que, por certo, tamén hai unha freguesía que se chama Lordelo. A esta seguen outras moitas en distintos lugares de Galicia e do resto do Estado e, como non, as súas citas anuais no hotel de A Toxa e na súa casa-estudo de O Grove. É invitado e seleccionado a participar en importantes exposicións colectivas, como as Bienais de Zaragoza, as de Pintores Figurativos en Barcelona e Madrid, o Certame de Artes Plásticas de Pontevedra, as Exposicións Nacionais de Belas Artes, ou os Salóns de Outono, en Madrid, onde acada a terceira, segunda e primeira medallas nos anos 1958, 1960 e 1961, respectivamente.

A extensa e prolífica obra de Ernesto Goday atópase hoxe en día espallada por numerosas coleccións particulares de distintos países e en varios museos e institucións. Nos seus cadros seguen vivos o mar do Grove, as súas xentes, os seus traballos e as súas paisaxes, tanto naturais coma urbanas.

4 comentarios:

beba goday dijo...

Hola, mi nombre es María del Carmen Goday, vivo en Argentina mi abuelo paterno Norberto Goday hijo de Manuel Goday, español y Rosa Nantes, española. nacido en España O Grove, el 25 de Junio de 1878

Lamentablemente mi padre no pudo optar por la nacionalidad española porque al tener la mayoria de edad (18 años ) ya estaba Franco en el poder.
Yo estoy tratando de conseguir la nacionalidad española, tengo toda la documentación correcta (partida de nacimiento de mi abuelo certificada por el Registro Civil de O´Grove)pero no sé si me van a aceptar por lo de mi papá. Ya que mi abuelo no vino a la Argentina por la persecución en España, de cualquier modo falleció siendo español, no optó por la ciudadanía argentina
Ahora tengo 63 años quisiera adoptar la nacionalidad española.
No sé si podré tener alguna posibilidad de lograr la aceptación del Consulado de España en Argentina. Si tienen algún dato que me pueda aydar les estaría sumamente agradecida.
Cuando vi la foto de la reunión del miércoles 13 de Agosto del 2008 en O´Grove sentí ganas de conocerlos a todos. Me encantaron las pinturas de Ernesto Goday, son increíbles!
Bueno no les voy a dar más lata
Los saludo cariñosamente
Mi dirección es Pasaje de Gama 2755 Martinez (1640) Pcia Bs As Argentina
Mi teléfono es 054 11 47927418 o por Internet a la dirección que figura abajo.
María del Carmen


Mi e-mail es bebaheslop@gmail.com

Goday O Grove dijo...

Hola, sobre la posibilidad ed nacionalizarte española te recominedo que busques en:
http://blogs.periodistadigital.com/emigrantes.php/2009/01/06/30-000-nietos-de-emigrantes-espanoles-no

http://groups.msn.com/nietosporlaciudadania

y en google.com busca la siguiente frase: hijos emigrantes nacionalizarse español
Ahí encontrarás mucha mas informacion o sitios donde buscar.

Sobre la cuestión familiar voy a hablar con mis tias para que me identifiquen un poco mas a tus abuelos.

Saludos

Goday O Grove dijo...

Una pagina con toda la informacion que pides:

http://hyne.com.ar/legales/

Josep dijo...

Hola, tengo dos cuadros de Ernesto Goday y me gustaria saber a que precio más o menos se cotiza una obra suya.

Gracias.

José.