10 agosto, 2008





Os descendentes da familia Goday celebraron o seu primeiro encontro


DAVINIA MARÍ > O GROVE 12 Agosto 2008

A familia Goday é unha das máis coñecidas do municipio, que teñen decenas de descendentes repartidos pot toda a península. Esta fin de semana tivo lugar a súa primeira reunión, onde moitos deles, tiveron a oportunidade de coñecerse por primeira vez.

Este primeiro encontro familiar consistiu nunha celebración eucarística na Catedral de Santiago de Compostela e en honor a aqueles pioneiros chegados dende Cataluña e, máis concretamente, de Canet do Mar, alá polo século XVIII. Estes foron os que iniciaron a rama familiar galega.

A celebración correu de mans do ilustre canónigo da catedral e un membro máis desta familia, Alejandro Barral Iglesias. Na súa homilia realizou un fervoroso recordo familiar ós que xa non se encontran entre eles e unha emotiva benvida a todas aquelas novas xeracións que se suman a esta saga familiar.

Por otro lado, cabe destacar que este acto festivo estivo cheo de emoción e sentimento chegando o seu fin de maneira espectacular coa posta en marcha do botafumeiro que foi manexado por oito tiraboleiros.

A continuación, tódolos membros das novas xeracións da familia Goday trasladáronse ata o municipio coruñés de Muros para continuar con tódolos festexos dunha coranada ta nespecial coma esta. Alí, reuníronse na Finca Goday, que se encontra na praia que leva por nome o mesmo cá saga familiar, e que se localiza en Louro. Estos terreos aínda pertencen a familia e é onde se enclava unhas das fábricas construídas por esta familia e que deixou de funcionar no ano 1936.

Asimesmo, está primeira reunión, onde se puideron encontrar membros de tódalas xeracións dos Goday chegadas de diferentes puntos de todala península como Galicia, León, Madrid e Cataluña, todos eles tiveron a oportunidade de coñecerse por primeira vez.

Foi un encontro cheo de emotividade e ilusión e estivo moi marcado polo reencontro de algúns irmáns que facía moito tempo que non se veían.

Sen dúbida, foi unha cita marcada polo éxito de asistencia e pola emoción de encontrarse con familiares que non se coñecían. Todos eles tiveron a oportunidade de falar de moitas cousas e de sacar moitos temas sobre a familia como o que máis lle interesaba a todos eles, que era ter a posibilidade de contrastar datos dos oríxenes das distintas ramas que ten esta saga, e desta maneira, puideron retomar os lazos familiares que, por dircunstancias da vida, xamais habían podido ter.

Para manter o contacto, e que non se volva perder, algúns dos membros da saga familiar Goday fixeron una páxina web có obxetivo principal de que tódolos familiares das novas seracións da saga puideran estar en contacto permanente.

Otero Goday> Esta familia son descendentes do ilustre médico, Otero Goday, o cal recibiu decenas de homenaxes por todas as súas obras que fixo en vida. Xa que todos o recordan subido o seu cabalo cando tiña unha urxencia e galopando para chegar a tempo. Ademais, era un home moi xeneroso que, cando ía a atender un paciente a unha casa moi pobre, levaba diñeiro para deixarllo ó enfermo debaixo da almofada.

3 comentarios:

Angel Manuel dijo...

Hola a todos los Goday. Somos una numerosa familia de Uruguay, también oriundos de Canet de Mar.
Saludos desde Montevideo,
Rosario Bustillo Goday

Goday O Grove dijo...

Saludos desde Galicia. Como puedes ver "Los GODAY" de este lado del charco estaremos encantados de compartir contigo información sobre los Goday de Canet del Mar. Si quieres mas información o intercambiar datos envia un mensaje a goday.ogrove@gmail.com.

Saludos fraternales

Goday O Grove dijo...

Hola de nuevo:
Quiero que sepas que existe en URUGUAY un grupo familiar en facebook sobre la familia GODAY. Te dejo el enlace:
http://www.facebook.com/group.php?gid=29136199686#/group.php?gid=29136199686

Saludos